Fondo Europeo de Desarrollo Regional (FEDER)

Unha maneira de facer Europa

Líña de actuación 15

PLAN DE RECUPERACIÓN SOCIAL DO BARRIO DE MANUEL RIVERO

NECESIDADES

O concello de Lalín non dispón de locais nin de espazos versátiles e de usos múltiples que poidan ser utilizados para fins de índole social, como acollida, uso de locais para asociacións culturais e veciñais, etc.

A isto súmase o abandono físico e social de zonas céntricas do casco urbano, con infraestruturas abandonadas (a zona do antigo colexio Manuel Rivero), que poderían converterse en foco de delincuencia, insalubridade, inseguridade e, en definitiva, segregación social.

A rehabilitación desta zona parece, polo tanto, unha oportunidade para evitar este risco e para dotar ao concello dos espazos sociais dos que carece na actualidade.

OBXECTIVOS

O concello de Lalín conta nunha zona céntrica, pero hoxe desvitalizada, de 3 edificios de titularidade municipal nos números 1, 3 e 5 da rúa Manuel Rivero, e do antigo colexio Manuel Rivero, actualmente sen uso escolar, situado fronte ás 3 edificacións e en situación próxima ao abandono.

Dita zona ten unha posición central no entramado urbano do casco urbano do municipio; non obstante, debido ao progresivo desuso dos equipamentos municipais existentes nela, xerouse o inicio dunha tendencia ao abandono e á deterioración do tecido urbano.

Deste xeito, a estratexia de recuperación desta zona pasa por:

  • A rehabilitación de parte destas vivendas (un total de 6) para destinalas a usos de vivenda social e/ou para dotalas dun uso social como local de asociacións sen ánimo de lucro e dependencias municipais de carácter social.

  • A actuación integral na zona pasa, así mesmo, pola demolición do antigo colexio situado na zona (Colexio Manuel Rivero), e dos números 1 e 3 da rúa, actualmente en situación deteriorada e abandonada, para a súa posterior reconversión en infraestruturas e/ou equipamentos públicos para o tecido asociativo, con fins culturais ou de fomento da conciliación da vida familiar e laboral; e a urbanización exterior do resto da parcela cunha superficie aproximada de 1.200 m².

  • Por último, reformarase o solar derivado do derrubamento do antigo colexio Manuel Rivero (un dos focos de deterioro desta zona desfavorecida) para que sirva de espazo de lecer infantil e xuvenil, especialmente pola proximidade dun centro de educación que demanda precisamente este espazo.

RESULTADOS

  • Mellorar o peso e o estado de conservación dos bens locais (infraestruturas públicas abandonadas).

  • Mellorar a dispoñibilidade de espazo para usos sociais (vivenda, dotación de espazo asociativo, etc.).

  • Dinamización de espazos urbanos céntricos, pero abandonados, eliminando así o risco da súa posible segregación socioespacial.

Datos

inversión total
479.356,63 €
0%
FEDER
383.485,30 €
0%
concello
95.871,33 €
0%

NOVAS

O CONCELLO DE LALÍN LICITA AS OBRAS PARA A CONSTRUCIÓN DUN EDIFICIO SOCIOCULTURAL MUNICIPAL NO BARRIO DE MANUEL RIVERO

O concello de Lalín, no marco da Estratexia EDUSI Lalín SSUMA 21, vén de licitar as obras do ‘Proxecto Básico e de Execución do Edificio Dotacional Municipal’ ...

O OBRADOIRO DE EMPREGO INICIOU A FASE DE TRABALLOS EN OBRA PARA A REHABILITACIÓN DAS ANTIGAS VIVENDAS DO MANUEL RIVERO

O alcalde de Lalín, Rafael Cuíña, e o concelleiro de Emprego, José Manuel Fernández, realizaron hoxe unha visita ás antigas vivendas do Manuel Rivero, onde hai uns ...

O CONCELLO ADXUDICA A REDACCIÓN DO PROXECTO PARA A DEMOLICIÓN DO ANTIGO COLEXIO MANUEL RIVERO

O concelleiro de Urbanismo e coordinador da estratexia Lalín Ssuma 21, Nicolás González Casares, anunciou hoxe que o Concello de Lalín vén de facer efectiva mediante acordo de Xunta...